Ponteareas presenta su vídeo turístico

O Concello de Ponteareas presentou o vídeo turístico que serviu como presentación oficial do “inicio dun plan turístico integral que até agora non existiu e que pon en marcha unha nova política de promoción de Ponteareas”, asegurou na súa intervención o rexedor municipal, Xosé Represas.

O vídeo que se presentou amosa “ao potencial turista ou visitante todos os atractivos turísticos de Ponteareas desde unha perspectiva integral, global e interrelacionando moitos deses atractivos para que adquiran maior forza”. Na web municipal é posible visualizar as versións do mesmo: 3 versións curtas, en galego, en castelán e en inglés; e 1 versións longa, en castelán.

Tanto o vídeo como a nova política de promoción turística de Ponteareas xirará en torno a 5 piares fundamentais: patrimonio histórico e arquitectónico, patrimonio natural, gastronomía, patrimonio musical e, por suposto, o Corpus.

O patrimonio histórico, arquitectónico e artístico preséntase como un conxunto, coma unha rede de elementos de valor. Guiados por un fío condutor que os relaciona entre si: a historia de Galicia. Dende a orixe dos tempos, cos penedos da Picaraña ou San Cibrán, até a industrialización (fábrica de curtidos da Perillana), a emigración (escolas do Coto) ou o agrarismo.

O patrimonio natural debe procurar o aproveitamento do río Tea, da Picaraña e outros espazos dende un punto de vista multifuncional: lecer lúdico (praias fluviais, áreas recreativas), lecer cultural e etnográfico (xacementos castrexos e minas de ouro romanas, pontes medievais, muíños), lecer deportivo (natación, piragüismo, instalacións deportivas de Pardellas, running, pesca deportiva), lecer ambiental (aproveitamento da condición de Rede Natura do río Tea).

No apartado de gastronomía, o Concello tentará promover o viño do condado –D.O. Rías Baixas-, a lamprea do río Tea –a potenciar polas súas características propias e diferenciais e vinculando gastronomía con etnografía a través da arte de pesca das estacadas e a fisga- e as rosquillas.

O goberno municipal tamén quere potenciar o enorme patrimonio musical da concello, facendo fincapé na música clásica galega. Contamos con “dous dos máis sobranceiros compositores da historia musical de Galicia, Reveriano Soutullo e Rogelio Groba, iso é un luxo que hai que aproveitar turísticamente”, afirmou Represas, quen adiantou a creación dunha marca que podemos chamar Ponteareas, capital da música clásica galega.

Por último, Represas salientou o Corpus como “algo que de por si xa é marca Ponteareas”, pero cuxa forza pode ser moito maior “de introducirse melloras que potencien o seu aproveitamento económico para os diferentes sectores da localidade. Conectaremos o Corpus co resto de atractivos turísticos para así lograr unha maior rendabilidade do fluxo de visitas que xera a celebración, con estancias máis prolongadas na localidade e non limitadas á data da festividade”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *