O Concello de Padrón promociona os pementos con envíos ás principais autoridades do país

O Papa Francisco, os Reis de España, os Reis Eméritos, o presidente do Goberno, o presidente da Xunta de Galicia e varios conselleiros e alcaldes atópanse entre os persoeiros e autoridades que recibirán estes días unha bolsa enviada polo Concello de Padrón coa proba dos primeiros pementos recollidos nesta tempada.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, explica que «trátase dunha tradición institucional e protocolaria que facemos tódolos anos coincidindo co comezo da tempada de produción dos pementos e que axuda a promocionar e posicionar no mercado os verdadeiros e auténticos pementos de Padrón, fronte a outros que xa levan meses vendéndose baixo o paraugas deste nome e que en realidade son importados».

«O cultivo e a comercialización de pementos é unha actividade de gran importancia para a economía de moitas familias deste municipio e, desde o goberno local, con pequenas iniciativas como esta queremos contribuír a que todo o mundo saiba que a época produción dos nosos pementos acaba de abrirse hai unhas semanas e continuará aberta ata finais de outubro», destacou o alcalde padronés.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *